1.- Esta páxina Web é titularidade da FUNDACIÓN EDEX.
CIF: G48974737
Domicilio social: INDAUTXU, Nº 9 - 48011 BILBAO (BIZKAIA)
Enderezo de correo electrónico: edex@edex.es
Teléfono: (+34) 944 425 784
Datos rexistrais: Rexistro de Asociacións do País Vasco AS.R.P.B.01424
2.- A utilización desta páxina Web atribúe a condición de Usuario a quen o faga e implica a aceptación de tódalas condicións incluídas neste Aviso Legal. O Usuario deberá ler estas condicións cada vez que acceda a esta Web, xa que poden ser modificadas en diante. Algúns aspectos desta páxina Web, pola súa especialidade, poden estar suxeitos a condicións ou regras particulares que poden substituír, completar ou modificar este Aviso Legal, polo que tamén deben ser aceptadas polo Usuario que os utilice ou acceda a eles.
3.- Tódolos contidos desta Web (textos, fotografías, gráficos, imaxes, tecnoloxía, software, ligazóns, contidos audiovisuais ou sonoros, deseño gráfico, código fonte, etc.), así como as marcas e demais signos distintivos son propiedade da FUNDACIÓN EDEX ou de terceiros, non adquirindo o Usuario ningún dereito sobre eles polo mero uso desta Web.
O Usuario, deberase abster de: a) reproducir, copiar, distribuír, pór a disposición de terceiros, comunicar publicamente, transformar ou modificar os contidos desta Web, agás nos casos contemplados na lei ou expresamente autorizados pola FUNDACIÓN EDEX ou polo titular destes dereitos; b) reproducir ou copiar para uso privado o software, as imaxes, os vídeos ou as bases de datos existentes nesta Web, así como comunicalos publicamente ou poñelos a disposición de terceiros cando isto implique a súa reprodución; c) extraer ou reutilizar os contidos integrantes desta Web.
4.- O Usuario que queira introducir ligazóns a esta Web desde as súas propias páxinas Web estará obrigado a cumprir as condicións seguintes: a) o ligazón unicamente conectará coa home page, non podendo reproducila de ningún xeito; b) non se poderán establecer frames ou cadros de calquera tipo que arrodeen a Web ou permitan visualizala a través de enderezos de Internet distintos ou xuntamente con contidos alleos a esta Web, de xeito que produza, ou poida producir erro ou confusión nos Usuarios sobre a procedencia do servizo ou do seu contido, que implique un acto de comparanza ou imitación desleal, que serva para aproveitar a reputación, a marca e o prestixio da FUNDACIÓN EDEX ou se faga de calquera outro xeito que estea prohibido pola Lei; c) desde a páxina que realice o enlace non se poderá efectuar ningún tipo de manifestación falsa ou inexacta sobre a FUNDACIÓN EDEX ou sobre a calidade dos seus produtos e servizos; d) O remitente non poderá empregar a marca ou calquera outro signo distintivo da FUNDACIÓN EDEX dentro da súa páxina Web, agás nos casos autorizados pola lei ou permitidos expresamente pola FUNDACIÓN EDEX; e) a páxina que estableza a ligazón deberá observar a legalidade vixente e non poderá dispoñer ou enlazar con contidos ilícitos, nocivos, contrarios á moral e aos bos costumes, que produzan ou poidan producir a falsa idea de que a FUNDACIÓN EDEX ampara ou apoia, as ideas, manifestacións ou actuacións do remitente ou que resulten desaxeitados en relación coa actividade desenvolvida pola FUNDACIÓN EDEX, tendo en conta os contidos e a temática xeral da páxina Web onde se estableza a ligazón.
5.- A FUNDACIÓN EDEX non é responsable de controlar que nesta Web non existan programas maliciosos ou calquera outro elemento informático daniño. Corresponde ao Usuario, en todo caso, dispoñer das ferramentas axeitadas para a detección e desinfección destes elementos. De acordo con isto, a FUNDACIÓN EDEX non se responsabiliza dos danos producidos a equipos informáticos durante o acceso á presente Web. Igualmente, a FUNDACIÓN EDEX non será responsable dos danos producidos aos Usuarios cando estes danos teñan a súa orixe en fallos ou desconexións nas redes de telecomunicacións que interrompan o servizo desta Web.
6.- Esta Web pode incluír ligazóns que permiten ao Usuario acceder a outras páxinas de Internet. Nestes casos, a FUNDACIÓN EDEX só será responsable dos contidos e servizos subministrados a través das ligazóns en canto coñeza a súa ilicitude e non as desactive dilixentemente. Se un Usuario considerase que existe unha ligazón con contidos ilícitos ou desaxeitados, poderallo indicar á FUNDACIÓN EDEX, sen que isto supoña que esta quede obrigada por iso a retirar a correspondente ligazón. A FUNDACIÓN EDEX non sempre coñece os contidos e servizos das ligazóns e polo tanto non se fai responsable polos danos derivados da súa falta de calidade, desactualización, indispoñibilidade, erro, inutilidade ou ilegalidade e non responde das manifestacións realizadas ou dos contidos ou servizos proporcionados a través delas, agás que sexa directamente responsable da prestación destes servizos.
7.- O Usuario comprométese a facer un uso correcto desta Web de conformidade coa Lei, co presente Aviso Legal e coas demais condicións, regulamentos e instrucións que, no seu caso, puidesen ser de aplicación. O Usuario responderá fronte á FUNDACIÓN EDEX e fronte a terceiros de calquera dano ou prexuízo que se puidesen causar polo incumprimento destas obrigas.
8.- O presente Aviso Legal réxese integramente pola lexislación española. Para a resolución de calquera conflito relativo á interpretación ou aplicación deste Aviso Legal, o Usuario sométese expresamente á xurisdición dos tribunais onde estea domiciliada a FUNDACIÓN EDEX.