Quen somos

Contos para conversarmos é unha iniciativa da Fundación EDEX, organización que traballa con dous propósitos principais:

  • Fomentar o desenvolvemento positivo das nenas, dos nenos e dos adolescentes.
  • Promover o apoderamento persoal e cidadá.

Para isto, creamos, xestionamos e avaliamos programas educativos vencellados á promoción da saúde, á prevención do abuso de drogas, ao fomento da convivencia, ao fortalecemento de valores contra o racismo e a xenofobia, etc.


Un modelo contrastado

O marco da nosa acción é a educación nas 10 habilidades para a vida propostas desde 1993 pola Organización Mundial da Saúde. Un modelo que fomenta o desenvolvemento socioemocional positivo. Habilidades que facemos propias no noso traballo:

  1. Autocoñecemento
  2. Empatía
  3. Comunicación asertiva
  4. Relacións interpersoais
  5. Toma de decisións
  1. Manexo de problemas e conflitos
  2. Pensamento creativo
  3. Pensamento crítico
  4. Manexo de emocións e sentimentos
  5. Manexo de tensións e estrés

O programa

Contos para conversarmos é un programa de educación socioemocional pensado para escolares do primeiro ciclo de Educación Primaria ( 6-7 anos).

Parte dunha colección de 10 historias breves que permiten utilizar a vida cotiá das nenas e dos nenos como materia educativa.

O desenvolvemento desta proposta baséase na implicación do profesorado, así como das familias, na abordaxe educativa dos contidos dos contos.

O mesmo grupo de amigas e amigos que protagonizan estes Contos para conversarmos, son personaxes centrais do programa A aventura da vida, creado pola Fundación EDEX para os ciclos de 2º e 3º de Educación Primaria (8-11 anos).

Contos para conversarmos - Os Automóbiles engordan

Ferramentas

Para a escola

Recursos didácticos para o alumnado e o profesorado do 1º ciclo de Primaria:

10 contos infantís en soporte impreso, nos que se presentan diversas situacións que requiren a posta en marcha das 10 habilidades para a vida mencionadas.

  • UNHA MAN DE AMIGOS
  • AO PÉ DA LETRA
  • MELLOR ACOMPAÑADO
  • UNHA FAMILIA MOI NORMAL
  • O DANO DO BAÑO
  • DIGAN O QUE DIGAN
  • OS AUTOMÓBILES ENGORDAN
  • CORRE, CORRE
  • UNHA BARRIÑA CUN PUNTIÑO
  • CORRER E CONTAR
  • UNHA MAN DE AMIGOS Relacións interpersoais
  • AO PÉ DA LETRA Toma de decisións
  • MELLOR ACOMPAÑADO Empatía
  • UNHA FAMILIA MOI NORMAL Pensamento creativo  Ver eBook
  • O DANO DO BAÑO Manexo de problemas e conflitos
  • DIGAN O QUE DIGAN Comunicación asertiva
  • OS AUTOMÓBILES ENGORDAN Pensamento crítico
  • CORRE, CORRE Autocoñecemento
  • UNHA BARRIÑA CUN PUNTIÑO Manexo de emocións e sentimentos
  • CORRER E CONTAR Manexo de tensións e estrés

Guía para o profesorado, inclúe os seguintes contidos:

Contos para conversarmos - Guía para o Profesorado
  • Presentación do modelo de educación nas habilidades para a vida.
  • Pedagoxía das habilidades.
  • Vencello das historias ás habilidades para a vida, aos dereitos da infancia e determinados valores.
  • Presentación da habilidade específica que se pretende adestrar a partir de cada un dos 10 contos.
  • Proposta de actividade para o desenvolvemento educativo desa habilidade ("Para practicar").

Para as familias

Os contos da colección achéganse ás familias a iniciativa do profesorado.

Cada un dos 10 contos presenta unha breve Guía para nais e pais titulada "Conversar en familia", cuxos contidos son:

  • Habilidades para a vida: breve presentación do modelo no que se basea esta proposta.
  • Presentación da habilidade específica a adestrar con cada conto.
  • Para practicar: unha proposta de actividade arredor da habilidade en cuestión. En conxunto, 10 actividades en familia, complementarias do traballo na aula.

Estas 10 pequenas guías pódense atopar ao final de cada conto, ou accedendo a "Contos para conversarmos – Guía para nais e pais" (na sección RECURSOS) onde a integramos tras unha breve presentación.

Guía Familias

Recursos

As familias participantes no programa poderán acceder a diversos materiais de apoio:

  • As mesmas 10 historias, neste caso en debuxos animados.
  • Guía para nais e pais.

ACCEDER RECURSOS

Tanto os contos coma a guía en formato impreso están dispoñibles en castelán, catalán, galego e valenciano.

As animacións da sección Recursos pódense atopar en castelán, catalán, éuscaro, galego, valenciano e portugués (brasileiro).